xornaldebetanzos

O PP critica o PSOE por un folleto

In Betanzos on 21 Octubre 2009 at 7:30

Nas últimas semanas o PSOE repartiu por Betanzos un folleto con varias fotos na que se mostra o estado de deterioración de diversas zonas e instalacións da cidade. Para os conservadores, as fotos teñen máis dun ano de antigüidade e non se corresponden co estado actual das rúas e xardíns de Betanzos. Para o presidente dos conservadores, o tamén concelleiro de Urbanismo e Tráfico José Luis Santos Cobelo, os socialistas “están desesperados e esa busca da crítica ao Concello sexa o que sexa lles fai caer en publicacións desesperadas nas que mesmo utilizan fotografías que nada teñen que ver coa situación actual, criticando a deterioración de lugares públicos que a día de hoxe e dende hai meses se encontran en perfectas condicións”.

Esta voz autorizada da dereita local culpou o PSOE e o seu voceiro, Ramón García, dos males que estes achacaran ao equipo de goberno. Así mesmo, nega que gastasen en festexos os 600.000 € que din os socialistas, e que en todo caso nas cantidades que gastaron van incluídos todos os eventos organizados polo Concello este ano. “Non se pode ser alternativa a base de insidias e calumnias, instamos ao PSOE a que esa acusación sexa acompañada dos pertinentes documentos da intervención municipal” afirma Santos Cobelo.

Postos a atacar ao primeiro partido da oposición, o conservador chega ao extremo de querer sementar o xoio na casa allea, ao afirmar que “o líder e voceiro municipal está mesmo cuestionado polos seus propios compañeiros de grupo e partido”.

O voceiro socialista, Ramón García, sostén que as imaxes do folleto da discordia son anteriores nunha semana á súa edición, e que nalgúns casos o goberno foi reaccionando detrás das denuncias feitas polo seu grupo. No tocante ás festas, García afirma que Nos reafirmamos na cifra e, é máis, aseguramos que as festas de 2007 se pagaron en febreiro de 2009, e que, neste momento, aínda se deben preto de 200.000 euros, a maioría das orquestras deste ano”.

  1. a ver como van a poder adjuntar documentos de la intervencion si en todos los plenos la oposicion se queja de que no les pasan la documentacion que piden o que es necesaria. y estan en la web de concello para comprobarlo!

Los comentarios están cerrados