xornaldebetanzos

O BNG leva ao Congreso o traslado do cuartel

In Betanzos on 2 Noviembre 2009 at 9:17

O BNG presentou no Congreso dos Deputados unha iniciativa en demanda da retirada do cuartel da Garda Civil. Reiterando os argumentos ofrecidos polos representantes municipais do partido, o deputado Francisco Jorquera explica as incidencias que ocasiona o cuartel emprazado a escasos 50 metros da praza dos Irmáns García Naveira e as vantaxes do seu traslado. Para o deputado nacionalista ampliar o raio de seguridade suprimindo estacionamentos “supoñería un importante prexuízo para os residentes e negocios radicados na zona, a escasos metros da praza do Campo, centro neurálxico de Betanzos”.

O representante do BNG recordou que neste lugar estacionan a diario os usuarios da Casa da Xuventude, Correos, o parque infantil e os establecementos comerciais e os residentes da zona. Neste sentido, as medidas compensatorias ofertadas polo Concello brigantino non convencen aos nacionalistas. Aínda que a alcaldesa, María Faraldo, se comprometeu a crear novas zonas de estacionamento nas inmediacións do parque Alfonso IX, o BNG segue defendendo o traslado xa que permitiría recuperar a parcela na que se asenta actualmente para usos municipais. Jorquera engadiu que o traslado do cuartel aos arredores da cidade tamén permitiría cumprir con todos os protocolos de seguridade vixentes sen ocasionar trastornos a particulares e empresarios.

  1. hay que reconocer que es una buena idea y que se devuelva a la feria nueva su aspecto tradicional. ya puestos marifa podia pintar lso escudos que desaparecieron desde uqe es alcaldesa y que representaban las provincias del antiguo reino. detrás podian ir correos y telefonica y recuperar un espacio para todos donde poner por ejemplo los tiovivos y sacarlos del campo. y despues podian ir las dos gasolineras uqe tampoco hacen nada en el centro del pueblo. ¡y que dos plazas nos iban a quedar allí!

Los comentarios están cerrados