Betanzos conta cunha nova Asociación de recente creación, a Asociación Cultural A Fuliada coa intención de revivir e recoller a nosa tradición musical na comarca. Encamiñada a recuperar as nosas Romarías, as nosas festas tradicionais (magostos, seráns, viños do país, foliadas). E como non a transmitilo ás novas xeracións.
Unha das primeiras actividades públicas desta asociación será a celebración dun magosto o 28 de novembro, a partir das 21:30 horas na Feira do Gando.
A celebración contará coa actuación de tres grupos folcklóricos convidados, No Cómbaro (As Pontes), As Patuleiriñas (Aranga) e Os Gaiteiros de Cecebre. A Asociación indicou que a continuación “as persoas que se acheguen e traigan os seus instrumentos, poderán cantar e bailar ata que o corpo aguante”.