Por segunda vez en algo menos dun ano, ou por segundo inverno consecutivo, a rúa de Santiago, contigua á igrexa homónima e á Casa Consitorial. O motivo é novamente a caida de cascotes dun inmoble á vía pública. E novamente trátase da casa contigua á Torre de Lanzós, cuxa cheminea derrubou parte do tellado fai agora pouco máis de 11 meses.
O goberno municipal xa se apresurou a afirmar na prensa que o propietario fixo caso omiso das indidaciones que entón lle fixo o goberno local para evitar estes incidentes e poñer a vivenda nunha situación que non ameace a seguridade dos viandantes. Tamén anunciou que o emprazará novamente a emendar a situación actual do inmoble. O executivo local non fixo nada ao respecto durante o último ano en relación con esta casa, que compromete seriamente a seguridade dos peóns e vehículos nunha zona especialmente concorrida por situarse nas inmediacións a igrexa matriz da cidade, o que convoca asiduamente numerosos grupos de xente para celebracións e enterros. Nas inmediacións tamén se sitúa unha concorrida terraza hostaleira.
Témese que o mal tempo e as copiosas chuvias que estes días caen incidan aínda máis de forma negativa na estructrura deteriorada do inmoble. Neste asunto incidiu o PSOE local, asegurando por boca do seu voceiro Ramón García que a caída de cascotes era algo que “se vía vir”. García criticou que non se actuase neste caso e que os votos de PP e CxB tombasen no Pleno unha proposta do seu grupo encamiñada a expropiar a Casa Gótica e a Torre de Lanzós para asegurar a súa conservación. Di García que o inmoble que parcialmente ten precipitado contra a vía pública debe tratarse conxuntamente coa citada torre.
Visita guiada ao Casco
Mentres as vivendas se derruban diante da indolencia gobernamental a Asociación de Amigos do Casco Histórico- á que non se lle coñece posicionamento público ante a pasividade do executivo local á hora de combater as ameazas de derrubamento de ruínas contra a vía pública- organiza unha visita guiada ao Casco Histórico comentada polo arquiveiro-bibliotecario Alfredo Erias. Partirá o domingo ás 11:45 das inmediacións da biblioteca e ten unha duración estimada de 2 horas.
una muy acertada pintada en esta casa pedía hace menos de un año lo que muchos pensamos: váyase, señora Faraldo: si quiere a Betanzos, váyase!