xornaldebetanzos

Prende o xoio de Faraldo no Consorcio

In comarca on 6 Noviembre 2009 at 8:41

Ao termo da entrevista mantida polos alcaldes do Consorcio dás Mariñas e o goberno coruñés María Faraldo acusou a Carmen Marón- que encabezaba a delegación cascarilleira- de non ter lido o borrador facilitado polo ente metropolitano. Carmen Marón saíu onte ao paso destas declaracións de Faraldo lamentando a escasa lealdade institucional mostrada pola alcaldesa brigantina.A edila coruñesa cualifica de “desafortunadas declaracións” as palabras dunha Faraldo que lle achacara “falta de consideración” por non ler o referido documento.

Segundo Marón resulta “dificilmente comprensible que ningún dos asistentes por parte do Concello tivese podido coñecer o contido do documento con anterioridade, circunstancia que ademais é de sobra coñecida pola alcaldesa de Betanzos,”. Por este motivo a concelleira coruñesa non deixou de manifestar a súa “preocupación e malestar” pola falta de lealdade institucional mostrada por María Faraldo en nome do Concello de Betanzos.

“Os concellos e os seus representantes debemos estar á altura” das demandas dos cidadáns e nun tema de tanta importancia “para a área metropolitana faise necesario alcanzar o maior grao de consenso posible” indica, polo que explicou para concluír que “nos debemos esixir a maior das lealdades institucionais, lonxe de partidismos e de actitudes que poidan enturbar un proceso que é fundamental para o progreso da Coruña e de todos os municipios do seu ámbito”.