xornaldebetanzos

Xunta e goberno local reparan as fontes

In Betanzos on 26 noviembre 2010 at 8:56

O goberno local comezou a executar os traballos de recuperación de fontes do municipio despois de que Xunta concedese unha subvención atendendo así unha petición formulada polo Concello. O obxectivo do goberno local é acometer un importante lavado de cara destas fontes, algunhas delas moi utilizadas polos veciños residentes nas zonas nas que se sitúan.

Para iso, os servizos técnicos municipais elaboraron un minucioso estudo da situación de cada unha das fontes do concello para executar posteriormente a súa mellora que, dependendo das súas circunstancias particulares, inclúe diversas obras.

Na relación de traballos inclúense actuacións de limpeza xeral, pintado ou reposición de elementos e sinalización sobre as características do manantial de procedencia da auga. O estudo realizado polos servizos municipais recollía a situación na que se atopan máis de 40 fontes localizadas ao longo do municipio. Neste sentido, existen fontes que necesitan unha actuación máis urxente que outras, polo que en función diso executaranse os traballos.

O estudo foi presentado ao programa de Rede Natura para optar a unha subvención, agora concedida, que vai permitir acometer os traballos ao longo deste ano e durante 2011. Estas actuacións preténdense completar con outras e menos específicas que executarán os servizos municipais.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores