O grupo municipal do Partido Popular de Betanzos esixiu onte por medio dun comunicado ao goberno local que continúe celebrando o mercado de Nadal que impulsaron os conservadores. Segundo o PP, este evento, que o ano pasado tivo lugar no Cantón Grande, era parte da súa campaña de promoción do comercio e de dinamización da zona monumental.
Na edición do pasado ano podíanse adquirir artigos de regalo tradicionais da época, lambetadas e flores, nunhas casetas remozadas Centro de Formación Ocupacional municipal e mais nos polémicos baúles veroneses adquiridos polo goberno Faraldo.
O PP reclama “que se baixen os baúis” e mais que retornen á praza do Campo as macetas piramidais- tamén adquiridas na legislatura de Faraldo cun coste unitario superior aos 3200 euros. Según o responsable de comercio e exconcelleiro da área, Pablo Tomé, estas macetas estarían sendo sometidas a “represión” por parte do alcalde, ao telas apartadas da praza 152 días.
Dáse a casualidade de que o executivo que lidera en minoría o socialista Ramón García traballa desde hai tempo nunha nova edición deste mercadito de Nadal.
¡Vergoña debería darlles só mentar os bauis veronenses e a chuminadas esas das macetas! E si lles preocupa que costaran tanto, porqué as mercaron? Claro, non había outras necesidades máis urxentes coma, por exemplo, a limpeza do entorno do Pasatempo que agora teñen a indecencia de pedir?