xornaldebetanzos

O PP presenta unha moción pedindo que o PSOE cumpra unha sentenza e retire unha antena en Tiobre

In Betanzos on 27 enero 2012 at 9:47

“En vista da desidia mostrada polo actual goberno municipal”, o PP de Betanzos levará ao próximo pleno, que se celebrará o martes da semana que vén, unha moción para instar ao Concello a que tome as medidas oportunas para “executar a sentenza que ordena a retirada da antena de telefonía da Lanza, na parroquia de San Martiño de Tiobre”.

Como explican dende a formación conservadora, no texto pídese que a empresa propietaria da antena, France Telecom España SA, corra “cos gastos que se deriven da súa retirada”. O partido que lidera María Faraldo recorda que o pasado mes de setembro, o PP tivo coñecemento de que o xulgado do contencioso-administrativo número 2 da Coruña notificara ao Concello de Betanzos a súa autorización para entrar na propiedade onde se encontra situada a infraestrutura de telecomunicacións.

Pero segundo o PP a pesar desta autorización o goberno local de Ramón García “deixou que pasase o prazo fixado polo xuíz”, afirman dende o grupo municipal da dereita, polo que “agora vai ser necesario tramitar unha nova petición xudicial, con todo o que isto leva consigo,” lamentan os conservadores betanceiros. O PP acusa a García de paralizar este proceso e de dar “facilidades” á empresa para colocar outra antena na Angustia, nas proximidades do castro de Illobre, o que motivou o informe negativo da Xunta.

A sentenza contra a antena de Tiobre arranca en 2007, cando o goberno municipal de Betanzos xa obrigara a France Telecom a retirar “de forma inmediata” as dúas antenas sendo concelleiro de Urbanismo o nacionalista Xabier López. A compañía interpuxo un contencioso contra a resolución do Concello, que é o fallo que dá pé ao prazo que agora ten o Concello para derrubar o repetidor sen autorización e que segundo o PP tería expirado. A retirada dos dous receptores de Tiobre, próximos a varias vivendas, foi reclamada de forma reiterada polos veciños. En 2006 denunciaron que unha das antenas, instalada en 1999, carecía de licenza. De feito, en xaneiro dese ano o concelleiro de Urbanismo- do BNG, dentro do bipartito PSOE-BNG que rexiu Betanzos de 2003 a 2007- ordenou a súa retirada e seis meses despois, o Concello atopábase con que a orde non se puidera executar porque non fora posible localizar ao propietario.

Advertisement
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.