xornaldebetanzos

Retiran unha planta invasora do estanque do Retiro, no Pasatempo

In Betanzos on 8 febrero 2012 at 10:01

O Concello continúa os labores de acondicionamento do parque do Pasatempo coa limpeza do estanque principal, situado na parte histórica deste, uns traballos que executa a través dos servizos municipais.

Trátase dunha primeira actuación que se estenderá tamén ao resto do primeiro nivel e tamén ao segundo nivel das instalacións. Os traballos céntranse, na parte do estanque do Retiro, na retirada dunha planta invasora que se reproduce moi doadamente, se non hai un traballo constante de mantemento, ata cubrir toda a superficie do estanque. A estas tarefas contribuían hai anos os parrulos, peixes e tartarugas que habitaban o estanque, retirados polo anterior goberno local.

Nos outros dous de niveis farase unha adecuación, centrada tamén no coidado das plantas. A idea é volver recuperar “como merece” o conxunto histórico, un dos referentes do municipio.

A parte máis alta do Pasatempo, que se encontra nun peor estado de conservación e no que será preciso acometer actuacións de maior volume, quedaría para unha actuación posterior. Nestes niveis atópase a que un día foi aula de naturaza, destrozada polos vándalos o pasado ano sen que nunca cegase a abrir e servir para o cometido para o que foi adaptado o antigo invernadoiro con fondos da Deputación.

Dentro desta liña de traballo de recuperación de zonas verdes e xardíns, o goberno local tamén pretende mellorar o parque Pablo Iglesias para o que solicitará unha subvención a outras administracións. Trátase de acondicionar os paseos do parque para evitar que a aparición de pozas en diferentes zonas deste durante a época de chuvias.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores