O Concello de Betanzos está a ultimar os preparativos da programación das festas de Entroido que culminarán o mércores 22 coEnterro da Sardiña.
O programa de festexos inclue a celebración de varias festas infantis de Entroido nos distintos locais sociais municipais, contando coa colaboración das asociacións de veciños dos barrios e parroquias de Betanzos. Todas comezarán a partir das 17:00 h.
Ademais, o luns ás seis hai un baile de Entroido para a terceira idade, na Aula de Cultura do Liceo. O mesmo edificio acollerá o Martes de Entroido, festivo local, unha festa infantil. Finalmente, o mércores 22 terá lugar o enterro da Sardiña, desde o Liceo por San Francisco ata a Ponte Vella, con volta ao Campo para a queima do Momo.
Ademais, dúas agrupacións de hostaleiros organizan senllos concursos de disfraces o Luns de Entroido, nas rúas Cañota e Rollo. Ambos concursos contan con premios en metálico que sufragan os hostaleiros.
Xornal non se publicará ata o mércores
Con motivo do Entroido, o equipo de redacción de Xornal de Betanzos tomaremos uns días de descanso para desfrutar das festas. Por este motivo non se publicará Xornal de Betanzos desde o luns ata o mércores 22, cando voltaremos con toda a actualidade ás pantallas. Ata entón, boas festas de Entroido.