xornaldebetanzos

Agora o Concello tamén sanciona ao dono da Casa Gótica

In Betanzos on 17 febrero 2012 at 9:45

Dous días despois de que a Dirección Xeral de Patrimonio notificase a través do Diario Oficial de Galicia a resolución do expediente polo derrubamento da fachada da Casa Gótica, o  Concello de Betanzos impuxo unha sanción coercitiva de 3.000 euros ao propietario do inmoble levantado no século XIV polo rexedor Lopo de Vilousaz por incumprir reiteradamente a orde de reconstrución do inmoble, que ocupaba o número 5 da rúa da Cerca.

A primeira multa chega tres anos despois de que o dono da vivenda, considerada a máis antiga da cidade e catalogada polo seu valor histórico, derrubase a fachada sen dispoñer dos preceptivos permisos do Concello nin a Dirección Xeral de Patrimonio.

A imposición da multa aprobouse onte en Xunta de Goberno local despois de que os técnicos municipais corroborasen a “total inactividade” do propietario. Con esta sanción, o Executivo municipal que lidera Ramón García confía en “reverter” a situación da zona histórica de Betanzos. O Concello, di, “vai ser firme no seu propósito”.

A sanción chega só dous días despois de que a Consellería de Cultura outorgase un prazo de quince días ao propietario e, de momento, non fixou o importe da sanción. O departamento autonómico avanza que a multa mínima alcanza os 150.000 euros.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores