O PP asegura que o goberno local estuda o desmantelamento do centro municipal de formación ocupacional de Betanzos. Segundo os conservadores, os responsables municipais informaron o persoal do centro cales serán os seus futuros postos unha vez complétese o peche das instalacións de Bellavista.
Dende o PSOE non só o negan, senón que confirman que nos presupostos para o próximo ano se inclúe unha importante partida para a promoción do emprego e a optimización dos recursos dispoñible en Bellavista.
O Partido Popular considera que as razóns alegadas polos de García Vázquez para “botar a chave” son só “desculpas”, “escusas” e un “basto engano”, xa que, segundo as mesmas fontes, se tería aducido “que non se van conceder cursos” dende a Xunta. “Está claro que se non se solicitan, ninguén os vai conceder”, di o PP.
Os conservadores afirman que no seu mandato potenciaron o centro ao levar para alí o servizo de veterinaria da Xunta e mais dependencias para a Asociación Pro Enfermos Mentais APEM.