xornaldebetanzos

Febreiro empeza con dous novos cursos na Aula CeMIT

In cultura on 22 febrero 2012 at 10:03

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Betanzos comezará novos cursos a vindeira semana.

Do 1 ao 10 de febreiro o curso “Busca de información a través de internet” dirixida a persoas con coñecementos básicos de internet. O contido do curso versará sobre distintas ferramentas para atopar información na web. Mércores e venres de 10:00 a 11:30 horas.

Do 3 ao 17 de febreiro o curso “Retoque fotográfico” dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Ao longo deste as e os participantes aprenderan elementos básicos de retoque fotográfico: resaltar elementos, cores, engadir texto, realización dun pequeno montaxe… Luns, mércores e venres de 18:30 a 20:00 horas.

Asemade, os días 31 de xaneiro e 2, 7, 9, 14 e 16 de febreiro, en horario de 16:30 a 20:00 horas,  terán lugar unha serie de xornadas, dirixidas a persoal da administración local, sobre a plataforma Sigem. Estas están organizadas pola Deputación de A Coruña.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores