A autoestrada do Atlántico (AP9) goza dunha bonificación do IBI do 95%, concedida polo goberno do estado. Contra esta situación múltiples concellos teñen reclamado en vía xudicial estes ingresos, pois o IBI é un imposto municipal que levou, no caso de Bergondo, a que o municipio deixara de ingresar 2,25 millóns de euros.
Por este motivo o concello bergondés entablou un litixio que ven de tumbar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Segundo os maxistrados do alto tribunal galego, nin a Constitución nin as normas internacionais vinculantes impoñen “ao Estado a obriga de transferir aos Concellos as cantidades que deixen de percibir como consecuencia dos beneficios fiscais que outorgase e outorgue” “sobre os tributos locais”.
Os servizos xurídicos da Deputación, que asesoraron a Bergondo, recomendaron desistir no litixio, pois a sentenza é aínda recurrible. Betanzos, ao igual que outros municipios polos que tamén pasa a AP9, tamén reclamou estes ingresos, se ben a sentenza bergondesa indica por onde irán o resto.