O pasado mes de xaneiro, ao abeiro da convocatoria de cursos de preparación para as probas do Certificado de Lingua Galega publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 5, do 9 de xaneiro de 2012, o Concello de Betanzos solicitou dous cursos á Secretaría Xeral de Política Lingüística, un do Celga 3 e outro do Celga 4, debido ao número de persoas preinscritas e alta demanda deste tipo de cursos que se vén incrementando anualmente.
Nestes cursos o número máximo de participantes é de 30 persoas, e estas prazas a día de hoxe están cubertas tanto para o Celga 3 como para o Celga 4 e debido a isto as persoas que soliciten asistir a partir de agora terán que formar parte da lista de espera que xa está aberta. Aínda así, as persoas interesadas poden inscribirse aínda posto que no caso de producirse baixas terán a posibilidade de asistir ao curso igualmente.
As probas para a obtención do Celga serán no próximo mes de xuño e o prazo de inscrición na probas do Celga 1, 2, 3 e 4 remata o vindeiro 3 de abril. Os impresos para inscribirse poden recollerse no Servizo Normalización Lingüística do Concello de Betanzos en horario de 09:00 h a 14:00 h.
Pódese solicitar máis información no Servizo de Normalización Lingüística.