O Concello destinará 175.000 euros á mellora do saneamento e pluviais da zona urbana para evitar, segundo explica, “futuros riscos de vertedura”. Para iso pretende incluír este proxecto nun plan de colaboración coa Deputación.
Un deles, cuxo gasto superará os 100.000 euros, incluirá a instalación de novas conducións de saneamento e rede de pluviais nas rúas Castelao, parte de Rosalía de Castro e Alexandre Bóveda. O obxectivo é mellorar as condicións do separativo para minimizar así os problemas de desbordamento que se producen na rúaBartolomé Cossío cando se orixinan fortes chuvias.
Máis de 700.000 euros dedicaranse á substitución da rede de saneamento e de pluviais en parte da rúa Mariña e na praza ríoFormoso. A estas obras uniranse as incluídas no Plan de Obras e Servizos, no que se incluíron actuacións de mellora en 47 viais da zonas de Requián, Piadela, Tiobre e Angustia, para o que se destinan 108.000 euros.