xornaldebetanzos

Clausura do III Encontro de Teatro Afecionado

In cultura on 24 febrero 2012 at 10:45

A terceira edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos – organizada pola Agrupación Teatral Mariñán- poñerá o seu punto final na xornada de mañá coa representación da obra “A verdadeira historia do corazón reloxo”, que estará interpretada pola compañía ourensá Trécola Teatro a partir das 20.00 horas.

A axenda cultural para hoxe contempla ademais música e debate. Baixo o título “A Soberanía Alimentaria como alternativa política para o século XXI” o Salón Azul do Liceo acolle desde as 20:00 h a segunda charla do ciclo “A cara oculta da crise”, organizado pola CNT. A charla correrá a cargo de Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

Ademais, o Café Lanzós- na praza homónima- acolle desde as 22:30 h un concerto de Tony Torres, que fará recordar a WHITESNAKE.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores