xornaldebetanzos

O Concello talará catro árbores no Pablo Iglesias

In Betanzos on 24 febrero 2012 at 10:37

A Concellería de Medio anunciou que  cortará catro árbores de grandes dimensións situadas no parque Pablo Iglesias ante o risco de que, polo seu estado, poidan, en condicións climatolóxicas adversas, derrubarse co conseguinte risco para os transeúntes. Trátase de catro exemplares cuxos madeiros e ramas están secos. Debido precisamente ás dimensións das árbores, os traballos serán encargados a unha empresa especializada.

A Concellería de Medio indicou que para o mesmo parque, dentro das actuacións de recuperación de zonas verdes e xardíns, tamén está previsto solicitar unha subvención á Deputación Provincial para acondicionar os paseos e evitar a aparición de pozas en diferentes zonas deste durante a época de chuvias.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores