Home

A Policía Nacional de Ferrol detivo catro persoas na peaxe da autoestrada AP-9 á altura do municipio de Cambre, despois de que, a bordo dun vehículo, rompesen a barreira da peaxe de Guísamo (Bergondo) cando os axentes ían detelos ao ser sospeitosos de tráfico de drogas. Os policías víronse obrigados a realizar disparos ao aire intimidatorios despois de que os agora arrestados acelerasen o vehículo para fuxir e puxesen en perigo os axentes.

Os feitos aconteceron sobre as nove e media da noite do pasado mércores. Un operativo da Policía Nacional de Ferrol que investigaba aos agora catro imputados, seguiulles dende a cidade departamental e adiantoulles na AP-9 onde despregaron un dispositivo de para proceder ao seu arresto como sospeitosos de tráfico de drogas. Os ocupantes do coche non obstante non se detiveron ao ver os axentes senón que romperon a barreira da peaxe e seguiron adiante a pesar dos disparos ao aire de advertencia dos policías.

Os axentes entón continuaron a persecución pola autoestrada e déronlles alcance na peaxe de Cambre, onde finalmente foron detidos e trasladado a Ferrol, onde pasaron a disposición xudicial, como mínimo imputados por atentado a axentes da autoridade.

About these ads