Home

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Betanzos terá lugar unha microactividade formativa que se encadra dentro da Programación Multimedia Audiovisual 2012 da Rede CeMIT.

Do 11 ao 14 de xuño “Deseño gráfico”, dirixido a persoas que polos seus estudos, afeccións ou actividades profesionais requiran dunha ferramenta de deseño vectorial como Inkscape.

Do 25 ao 28 de xuño “Retoque fotográfico”, orientada a quen estea interesado/a no coñecemento e manexo dunha ferramenta de retoque fotográfico como é o Gimp

Ambos os dous programas son de software libre e a súa descarga é de balde. Esta actividade impartirase a través de videoconferencia e as e os participantes recibiran un diploma acreditativo da súa participación.

Para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito no complexo cultural de San Domingos.

O Vales Villamarín incorpórase ao proxecto Abalar

Segundo informa a ANPA Brigantium, a Xunta informou que o Vales Villamarín foi seleccionado para incorporarse á rede abalar non curso 2012-2013.  Isto significa que o próximo curso se dotará de portátiles con software educativo a todos os alumnos de 5º de primaria (máis de 100) e no seguinte curso a todos os de 6º de primaria (outras 100).

About these ads