Home

O Concello de Bergondo alcanzou un acordo co equipo redactor do plan xeral para rescindir o contrato. O Goberno local explica que o documento elaborado pola adxudicataria tomou por base a anterior lei do solo, o que “invalida moitas das condicións de como foi confeccionado”.

O goberno da socialista Pérez Máquez pecha así a polémica tramitación do Plan Xeral- que pactara co PP anque os conservadores finalmente se desdeciron da palabra dada- e sigue os pasos do seu compañeiro de filas Ramón García, que en Betanzos tamén pechou a redación do anterior plan e xa sacou a concurso os traballos do novo documento urbanístico.

About these ads