O Concello de Betanzos, a través da Aula CeMIT, está a participar na iniciativa “Tomando as rendas” promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e desenvolvida en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade (SXI), a Consellería de Traballo e Benestar, e o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), dependente da Consellería de Economía e Industria. Na nosa localidade serán cinco as mulleres que se beneficien desta iniciativa.
Dita iniciativa ten como finalidade ofrecer solucións de autoemprego e emprendimiento ao colectivo de mulleres en zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.
No caso do Betanzos, a proposta botará a andar o vindeiro 29 de xuño cunha clase presencial (a través de videoconferencia) en horario de 16:00 a 20:00 horas na Aula CeMIT.