Home

O PP reclamou ao goberno local unha explicación pola cancelación do concerto de Celtas Cortos. Segundo afirma o PP, “o pasado 12 de xuño anunciouse en prensa o concerto nas próximas festas de agosto do grupo musical Celtas Cortos”.

Aseguran no seu comunicado os conservadores que “o devandito artigo anunciábase que a actuación tería lugar o 14 de agosto, xa que ese día, por primeira vez en moitos anos, non se vai celebrar a tradicional ‘cea americana’ en honor á raíña e as súas damas”. Por este motivo consideran “canto menos curioso” que a información fose corrixida ao día seguinte anunciando a cancelación do concerto “pola crise”.

Os populares aseguran que “non dan crédito ao nivel de desidia e pasividade ao que chegou o actual goberno socialista” ao que reclaman explicacións por isto xa que “estas actuacións se financian con diñeiro público”. Dende o PP “observamos como este goberno leva un ano en parálise permanente, un ano vivindo dos logros da pasada lexislatura e que a súa única achega -se é que se lle pode chamar así- é o desleixo, a desidia e a falta de iniciativa para tomar decisións”.

About these ads