Home
O alcalde de Betanzos, Ramón García

O alcalde de Betanzos, Ramón García

Antonio Rosende Rilo soprou onte as velas dos seus cen anos de vida e demostrou o ben que os leva enriba. En tan sinalado aniversario estivo arroupado polos seus fillos, netos, bisnetos e sobriños. Ademais, este veciño de Xan Rozo recibiu a visita do alcalde, Ramón García, e a concelleira de Servizos Sociais, María Barral, que lle entregaron unha placa conmemorativa en recordo do seu centenario. Ao longo do día non pararon de chegar familiares e achegados de Antonio Rosende para felicitalo.

About these ads