xornaldebetanzos

Posts etiquetados ‘Coirós’

Sufocan dous incendios nunha granxa abandonada de Coirós

In comarca on 25 mayo 2012 at 9:20

Dous pequenos incendios, declarados na noite do xoves e na mañá do venres, respectivamente, afectaron á mesma granxa abandonada, situada no municipio coruñés de Coirós. Segundo informaron a Europa Press fontes da Central deEmerxencias 112-Galicia Leer el resto de esta entrada »

Os responsables da cementeira de Coirós solicitan ampliar a autorización ambiental

In comarca on 23 mayo 2012 at 9:36

A empresa Gallega de Molienda de Clinker, responsable da cementeira ubicada no polígono de Pedrapartida (Coirós), solicitou á Consellería de Medio que renove a autorización ambiental integrada que lle foi concedida o 28 de xuño de 2007.  Leer el resto de esta entrada »

A anunciada fusión Oza-Cesuras reabre o debate sobre os servizos que Betanzos dá á comarca

In comarca on 14 marzo 2012 at 9:39

Mentres Feijóo anunciaba a fusión de Oza dous Ríos e Cesuras, en Betanzos séguese estudando que Coirós e Paderne asuman parte do custo do colexio que os tres municipios comparten. Oza conta con 3.229 habitantes mentres que en Cesuras viven 2.225 persoas Leer el resto de esta entrada »

Coirós denuncia o roubo de paneis fotovoltaicos na Cortella

In comarca on 29 febrero 2012 at 9:41

Os operarios do departamento de Servizos e Obras do Concello deCoirós descubriron onte pola mañá que despareceran 18 das 56 placas fotovoltaicas instaladas no campo de fútbol da Cortella para subministrar electricidade. Leer el resto de esta entrada »

Coirós estrena escola infantil mentres Betanzos oponse a que privaticen a súa

In Betanzos, comarca on 9 febrero 2012 at 9:45

A nova escola infantil de Coirós entrará en servizo o próximo mes de setembro, segundo anunciou onte o alcalde, Francisco Quintela (PP). A Xunta pretende abrir o próximo 1 de marzo o prazo de matriculación nesta escola infantil que terá capacidade para 21 alumnos de 0 a 3 anos.

Os residentes en Coirós que queiran matricular os seus pequenos no centro terán de prazo ata o próximo 30 de xuño. Os prazos de inscrición, matizou o alcalde, son provisionais e están aínda pendentes de que os confirme a Consellería de Traballo e Benestar.

Este novo equipamento, actualmente en construción, situarase nas inmediacións do centro de saúde de Figueiras e elevará a tres as escolas infantís que posúe o municipio. A súa execución supúxolle á Xunta un desembolso de máis de 200.000 euros e, celebra o rexedor local, “supoñerá un paso adiante nas políticas de conciliación da vida familiar e laboral”.

Mentres Coirós abre a terceira escola infantil, a Corporación de Betanzos aprobou a moción do BNG contra a privatización da escola infantil do Carregal. Só o PP defendeu a privatización dunha infraestrutura financiada por Xunta e Concello e levantada en chan público, alegando que a privatización “é legal”. CxB acusou ao PP de levar as 25 prazas que recurtou da escola brigantina á nova escola que se constrúe en Coirós.

O BNG critica que o PP duplique a edificabilidade en Armea

In comarca on 30 diciembre 2011 at 9:54

O Concello de Coirós debateu onte a aprobación dun convenio urbanístico relativo á modificación do Plan Xeral que, segundo a voceira do BNG, Pura Ferreño, supón un incremento da edificabilidade dun 50%. Leer el resto de esta entrada »

Os traballadores denuncian persecución sindical en EMESA

In comarca on 22 noviembre 2011 at 10:20

A representación dos traballadores/as de EMESA vén denunciar diante da Inspección de Traballo á dirección da empresa por negarse a recoñecer na constitución da Mesa de Seguimento do ERE a pluralidade sindical do Comité Leer el resto de esta entrada »

A Deputación saca a concurso o deseño dos centros de visitantes de Chelo e Teixeiro

In comarca on 25 octubre 2011 at 9:37

A Deputación da Coruña abriu o concurso que ten por obxecto o deseño dos contidos e posterior equipamento dos centros de visitantes de Chelo e Teixeiro, incluídos ambos nunha das rutas do Proxecto Mandeo Leer el resto de esta entrada »

O Comité de Emesa reclama á Xunta que revise “con lupa” a documentación do cuarto ERE

In comarca, economía on 20 octubre 2011 at 10:30

O Comité de Emesa continuou este mércores co calendario de mobilizacións en contra do cuarto ERE de suspensión presentado pola dirección. Nesta ocasión, os traballadores/as mantiveron unha concentración Leer el resto de esta entrada »

Traballo dá por válida a documentación incompleta presentada Emesa e ignora os últimos 14 despedimentos

In comarca, economía on 30 septiembre 2011 at 9:34

O Comité de Elaborados Metálicos EMESA denunciou onte por medio dun comunicado “o abandono de responsabilidades e a situación de absoluta indefensión no que a Xunta de Galiza ten deixado aos traballadores/as da empresa, mentres pola contra, actúa a favor do Grupo Isolux Corsán Leer el resto de esta entrada »

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 1.428 seguidores