Ata o Parlamento de Galicia levou o BNG as queixas dos pais do alumnado da escola infantil do Carregal pola escasa altura do peche perimetral do patio. Os deputados nacionalistas advirten de que pais e nais temen que “as crianzas maiores poidan escapar e tamén poida entrar alguén alleo ao centro Leer el resto de esta entrada »
Posts etiquetados ‘galescola’
Os pais de alumnos da escola infantil do Carregal protestan pola baixa altura do muro
In Betanzos on 9 abril 2012 at 9:30Feijóo inaugura entre pitos a guardería do Carregal
In Betanzos on 2 abril 2012 at 9:19O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu a Betanzos o pasado venres para inaugurar a escola infantil do Carregal. Acompañárono a conselleira de Benestar, Beatriz Mato, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo. Leer el resto de esta entrada »
O Concello nega que sexa a súa responsabilidade que non funcione o comedor da gardería
In Betanzos on 26 marzo 2012 at 9:44O goberno local nega a súa responsabilidade no servizo de comedor da nova gardaría da Xunta, que non funciona, e asegura que corresponde ao Consorcio Galego de Benestar. Leer el resto de esta entrada »
O BNG arremete contra o goberno local pola súa pasividade diante da privatización da escola infantil
In Betanzos on 17 febrero 2012 at 9:51“Como xa pasou no tema da gasolineira, é o BNG quen ten que saír a explicarlle as cousas aos veciños porque o goberno local nin está, nin se lle agarda”. Así de rotundo se mostrou onte o voceiro dos nacionalistas betanceiros Leer el resto de esta entrada »
O BNG esixe a García que aclare se retirou a Betanzos do Consorcio de Benestar
In Betanzos on 13 febrero 2012 at 9:36O grupo municipal nacionalista reclama ao executivo local, que dirixe en minoría o socialista Ramón García, que “aclare” as medidas que adoptou para cumprir co acordo do pleno contrario á privatización da gardería do Pasatempo Leer el resto de esta entrada »
Coirós estrena escola infantil mentres Betanzos oponse a que privaticen a súa
In Betanzos, comarca on 9 febrero 2012 at 9:45A nova escola infantil de Coirós entrará en servizo o próximo mes de setembro, segundo anunciou onte o alcalde, Francisco Quintela (PP). A Xunta pretende abrir o próximo 1 de marzo o prazo de matriculación nesta escola infantil que terá capacidade para 21 alumnos de 0 a 3 anos.
Os residentes en Coirós que queiran matricular os seus pequenos no centro terán de prazo ata o próximo 30 de xuño. Os prazos de inscrición, matizou o alcalde, son provisionais e están aínda pendentes de que os confirme a Consellería de Traballo e Benestar.
Este novo equipamento, actualmente en construción, situarase nas inmediacións do centro de saúde de Figueiras e elevará a tres as escolas infantís que posúe o municipio. A súa execución supúxolle á Xunta un desembolso de máis de 200.000 euros e, celebra o rexedor local, “supoñerá un paso adiante nas políticas de conciliación da vida familiar e laboral”.
Mentres Coirós abre a terceira escola infantil, a Corporación de Betanzos aprobou a moción do BNG contra a privatización da escola infantil do Carregal. Só o PP defendeu a privatización dunha infraestrutura financiada por Xunta e Concello e levantada en chan público, alegando que a privatización “é legal”. CxB acusou ao PP de levar as 25 prazas que recurtou da escola brigantina á nova escola que se constrúe en Coirós.
O BNG pide ao goberno que “vaia ata o final” contra a privatización da gardería
In Betanzos on 2 febrero 2012 at 9:47O BNG reclamou onte ao goberno do PSOE que vaia “ata o final” contra a privatización da escola infantil do Carregal. Os nacionalistas esixen ao goberno de Ramón García que encargue aos seus técnicos un informe xurídico para examinar a privatización do servizo Leer el resto de esta entrada »
O BNG reclama que se pare a privatización da escola infantil do Pasatempo
In Betanzos on 30 enero 2012 at 9:21O BNG esixirá no próximo pleno que a Corporación se manifieste contra a privatización das escolas infantís que dependen da Xunta, entre elas a do Pasatempo na nosa cidade. Leer el resto de esta entrada »
O BNG esixe a García que se defina diante da privatización da gardería do Carregal
In Betanzos on 24 enero 2012 at 9:20Para os nacionalistas o feito de que o goberno local recoñecese que sabía das intencións da Xunta de privatizar a xestión da escola infantil do Carregal non casa coas manifestacións realizadas polo seu secretario xeral en visita á nosa cidade Leer el resto de esta entrada »
Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “desmantelar” os servizos públicos nunha visita a Betanzos
In Betanzos on 23 enero 2012 at 9:50O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, criticou en Betanzos que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo está “a desmantelar” os servizos públicos despois de que o presidente da Xunta anunciase a “actualización” das tarifas das gardarías Leer el resto de esta entrada »