Servizos Sociais imparte obradoiros de prevención de drogodependencias no IES As Mariñas

A Concellería de Servizos Sociais e Sanidade participou, a través do Plan de Prevención de Drogodependencias, na décima edición da Semana Cultural do IES As Mariñas de Betanzos coa realización de obradoiros de prevención de drogodependencias co alumnado de ESO do devandito centro educativo onde se abordaron temas de uso de drogas legais como alcohol e tabaco, así como de drogas ilegais como o consumo de cannabis.

Contouse cunha boa acollida e participación por parte tanto do profesorado coma dos alumnos e alumnas participantes. Esta colaboración desenvólvese dende a primeira edición da devandita semana cultural de forma continuada.

Advertisements