Granxa O Cancelo e Cruz Vermella Betanzos asinan un convenio de colaboración

A entidade promotora da Granxa O Cancelo, Cooperativa Agraria Provincial da Coruña e a Asemblea Comarcal da Cruz Vermella de Betanzos veñen de asinar un convenio para subministrar leite fresco pasterizado para o Proxecto de Apoio Socioeducativo que a Cruz Vermella desenvolve na localidade.

O compromiso da Granxa O Cancelo coa producción de alimentos saudables, a divulgación e a promoción da mesma xa se plasmou en outras iniciativas coma a organización de visitas á granxa ou a colaboración con equipos deportivos infantís.

É tamén de moita importancia para Cooperativa Agraria Provincial- Granxa O Cancelo a distribución directa dos seus productos e en tendas pequenas do comercio local. Deste xeito o valor engadido repercute na nosa comarca e axuda á creación de emprego de calidade.

Agora, grazas a esta colaboración coa Cruz Vermella, quérese apoiar un proxecto que facilita a accesibilidade de moitas nenas e nenos a unha alimentación sá e de boa calidade.

Nestes tempos de crise, cando son moitas familias que están a vivir serias dificultades económicas, son vitais estas iniciativas sociais para atender as necesidades básicas de moitas persoas.

É por iso que os representantes de Cooperativa Agraria Provicial, José María Calo Faraldo, e da Cruz Vermella, Mercedes Casanova Díaz, veñen de asinar este convenio que permitirá que as nenas e nenos que participan no Proxecto de Apoio Socioeducativo teñan Leite de Verdade da Granxa O Cancelo para disfrutar dunhas merendas ben saudables e ricas.

Advertisements