Fragas do Mandeo explica “Para que serven as aves”

As fragas do Mandeo

As fragas do Mandeo

O xoves no Salón Azul do Liceo, dentro das actividades da II Semana da Custodia do Territorio, a fundación Fragas do Mandeo organiza a conferencia “Para que serven as aves”, na que o ornitólogo e divulgador Antonio Sandoval debullará de xeito ameno os aspectos máis salientables da ornitoloxía galega e do impresionante fenómeno da migración das aves a través do noso país.

Ademais, o Liceo acollerá a exposición “Unha ollada natural”, con debuxos do ilustrador Carlos Silvar, tanto orixinais destas obras así coma outras creacións menos difundidas deste artista.

Advertisements