Falece un ordense nun choque en Vilasantar

atascoUn condutor faleceu onte ao chocar co seu vehículo contra un camión en Vilasantar. O falecido, un varón de 46 anos con iniciais J. R. D, era veciño de Ordes, segundo informaron fontes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis. A central de coordinación do 061 recibiu aviso ás 18.42 horas do accidente, no que un vehículo e un camión de mercadorías sufriron unha colisión frontal.

Unha ambulancia asistencial e persoal do Punto Atención Continuada (PAC) de Curtis desprazáronse ao punto do accidente, igual que efectivos do GES de Curtis, mobilizados por se había que excarcerar, pero a vítima faleceu no punto. Descoñécense os motivos polo que se produciu a colisión, segundo efectivos desprazados.

Advertisements