Miño modifica por segunda vez o plan parcial de Costa Miño Golf para que os chalés teñan piscinas

A praia grande de Miño, coas marismas de Baxoi e o Monte Piñeiro na marxe superior dereita

A praia grande de Miño, coas marismas de Baxoi e o Monte Piñeiro na marxe superior dereita

O goberno local de Miño anunciou que modificará o plan parcial da urbanización Costa Miño Golf para que os propietarios dos chalets poidan facer piscinas e instalacións deportivas nas súas parcelas. É a segunda modificación do plan parcial que promove o goberno do PP para a urbanización de Fadesa en Perbes. A primeira, no ano 2010, resultou un fracaso.

O cambio de 2010 consistía en incluír un apartado á ordenanza para que o retranqueo mínimo ao fondo da parcela pase dos actuais cinco metros a só tres, que podería ser menos se “mediase un acordo entre os titulares lindantes”. O que agora propón o goberno de Veiga débese a que os retranqueos non facilitaron a construción de piscinas debido a “os fortes noiros que presentan a gran maioría das parcelas e o reducido tamaño destas”, segundo recolle o documento a exposición pública.

O Concello suprime agora do texto o fondo mínimo de recuado ao fondo da parcela e engade dúas condicións para a construción de piscinas, que consisten en que o bordo do vaso estea separado un metro dos lindes da parcela e aliñación da rúa. O goberno conservador insiste novamente en que con este segundo cambio pretende eliminar a “desigualdade xerada polas ordenanzas do plan parcial en relación con outras promocións”, un motivo polo que consideran xustificado o interese público da modificación.

Advertisements