O Troula organiza o IX Cidade de Betanzos de futsal base

escudo-troulaEsta fin de semana o pavillón municipal acollerá o IX Torneo de fútbol sala base “Cidade de Betanzos”, para categorías benxamín e alevín. Na cita, que organiza o FS Troula, participarán oito equipos por categoría. Clasificaranse os dous primeiros de cada grupo para as semifinais. O venres a xornada arrincará ás seis da tarde, acabando sobre as once. Reanudarase o sábado ás nove da mañá para acabar ao fío da medianoite e as semifinais terán lugar o domingo desde as dez da mañá. As finais quedarán para a tarde e a entrega de trofeos será ás seis e media.

Entre os clubes participantes están recoñecidos planteis do fútbol sala galego como o Burela, o Parrulo de Ferrol ou o Azkar de Lugo, ademais do equipo anfitrión.

Advertisements