Biblos presenta as “Bateas no Mississippi” do Blues do País

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

Facer blues no idioma do país e con acento galego é posible. Que fale ademais da realidade galega, tamén. Esa é a aposta de Blues do País, que virá mañá á libraría Biblos a presentar o seu disco “Bateas no Mississippi” en rigorosísima “estrea mundial”. Se se cumplen as previsións nesta premier, a cita comezará ás oito da tarde e poderanse escoitar versións de Janis Joplin falando dun chimpín ou Mátasme a modo, versión do célebre Killing me softly, entre outros moitos temas.Ottis Redding cun tinto de Barrantes no Berbés? É posible da man de Blues do País.

Ademais, o sábado a libraría comeza unha nova edición dos cursos de banda deseñada co ilustrador betanceiro Xosé Tomás. Aínda se poden facer inscricións na propia libraría.

Carricanta bota o pecho

Outra das librarías da nosa cidade, Carricanta (rúa doutor José Fariña) anunciou descontos especiais para os seus clientes con motivo do peche do negocio. Novas oportunidades profesionais están detrás da clausura deste comercio que suma un ano de vida e que tamén organizou diversas actividades culturais en torno á súa oferta editorial.

Advertisements