Aberto o prazo para inscribirse na campaña de esquí da Deputación

Os plenos teñen lugar na Sala Capitular, ubicada no primeiro andar da Casa Consistorial

O departamento de deportes está no segundo andar da Casa Consistorial

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Esquí 2015, dentro da súa programación deportiva para este ano, e que se desenvolverá en varias quendas na Estación Invernal de Manzaneda en Ourense. Ao Concello de Betanzos correspondeulle a cuarta quenda, do 20 ao 22 de febreiro, e nela poderán participar os nenos e nenas empadroados no Concello de Betanzos que naceron nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005. O prazo de inscrición xa está aberto e remata o venres 19 de decembro.

As inscricións faranse no Departamento de Deportes, no segundo andar da Casa do Concello de Betanzos, Praza da Constitución s/n. As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos dentro do prazo. A cota de inscrición é de 60 euros e inclúe transporte, estadía e manutención, clases e aluguer do material de esquí, forfait para os remontes, seguros e actividades varias.

Para máis información, consultar a páxina web da Deputación da Coruña: ou no Departamento de Deportes do Concello de Betanzos.

Advertisements