Granxa O Cancelo inaugura unha xeladería na Coruña

Unha rubia galega na comarca betanceira

Unha rubia galega na comarca betanceira

“Bico de xeado” é a marca coa que a Granxa O Cancelo abrirá a súa primeira xeladería, na coruñesa avenida da  Marina, 21. A apertura será o mércores 6 de maio ás 17:00 con unha degustación para todas as persoas asistentes.

Granxa O Cancelo é un proxecto promovido pola empresa galega Cooperativa Agraria Provincial da Coruña SCG. Desde o ano 2011 comercializa leite fresco pasteurizado e foi no 2012 que comezou coa elaboración de Xeados Artesáns. O piar fundamental é a utilización de materias primas de primeira calidade comezando polo leite fresco da Granxa O Cancelo. Ao leite engádeselle nata, azucre, froita fresca, chocolate, vainilla, licor, iogur, turrón, menta, pistacho e un largo etcétera en función da variedade mais sempre escollendo os mellores ingredientes. Xunto có bo facer do persoal da Granxa O Can celo o resultado é un xeado artesán único no mercado.

“O xeado de amorodos sabe a amorodos porque leva amorodos frescos e iso nótase e diferéncianos do resto de xeados do mercado” di o xerente Jesús Otero. Até agora a distribución destes xeados facíase a través de pequenas tendas de proximidade e na hostalería. Hai un ano sacouse ao mercado unha imaxe anovada coa marca “Bico de Xeado”, realizouse unha importante expansión chegando a estar en establecementos alén das fronteiras galegas e comezouse a traballar para dispoñer de xeaderías propias. Esta da Coruña será a primeira.

O local situado na Avda. da Marina, núm. 21, ten un deseño moi actual e está decorado con imaxes do fotógrafo Xurxo Lobato que consigue conectar có mundo urbano sen esquecer o medio rural do que procede a empresa. En palabras do xerente Jesus Otero “Somos unha empresa galega que cre e aposta polos nosos produtos e por buscar maior valor engadido elaborando xeados de calidade extraordinaria. Isto permitiunos abrir unha nova actividade comercial, crear emprego e, en definitiva, riqueza que repercute no noso entorno máis próximo”

Advertisements