Xunta e Concello colaboran na mellora do polígono

O BNG propón facer un viveiro de empresas nas parcelas que o Concello ten en Piadela

Vista aérea do polígono de Piadela

Concello e Xunta financian a obra de mellora do firme da rúa central do polígono de Piadela, nunha inversión que suma os 84 224 euros que aporta o goberno galego e outros 16 845 que saen da facenda local. En paralelo, o executivo anunciou unha nova fase do plan de aforro enerxético coa instalación de ledes nas farolas da parte sur do municipio, partindo do propio polígono e nos núcleos de Viúxa, Montellos, Guiliade e Xan Rozo.

Advertisements