A directiva de Amigos do Casco cuestiona que se adíe unha decisión sobre o retorno dos coches

Coches aparcados na praza de Santa María, un dos lugares onde se propón instaurar o Parking exprés

Coches aparcados na praza de Santa María, un dos lugares onde se propón instaurar o Parking exprés

A directiva da Asociación de Amigos do Casco Histórico apoia e alenta a campaña dun sector do comercio en prol do libre estacionamento de vehículos nas rúas e prazas do Casco Histórico. Se ben a asociación oficialmente non se posiciona, relevantes integrantes da súa directiva teñen cuestionado abertamente a postura do executivo municipal ao respecto.

Así, se hai uns días era a vicepresidenta da entidade, Adriana Blanco, a que cuestionaba o anuncio do goberno local de convocar a comisión de tráfico para recibir propostas porque “el tiempo de las propuestas ya pasó, es el momento de la acción”, agora súmase o presidente da asocaición. Nun grupo da rede social facebook chamado “En contra de la política municipal actual del casco histórico de Betanzos” e que abertamente avoga por devolver tráfico e estacionamento libre á zona monumental, o presidente de Amigos do Casco e a vicepresidenta cargan contra o anuncio do goberno do PSOE de adiar calquera decisión ao novo PEPOCH.
“Hasta después de las elecciones, porque es bien sabido que el devenir del gobierno de España afecta mucho al plan de tráfico de Betanzos…” afirma ao pé da nova a vicepresidenta de Amigos do Casco Histórico, que engade que “del 26 de junio dirán que nos emplazan para después de la Feria Medieval”.
Súmaselle o presidente de Amigos do Casco Histórico, Juan M. Gómez, apuntillando que “después de la Feria Medieval, se meterán de lleno en la preparación del San Roque porque les llevará tiempo y arduo trabajo y con suerte a ver si para final de año, a lo que no cabe duda que contestarán que cuando termine la Navidad, se pondrán a ello. Así, enlazamos un año con otro y la casa sigue sin barrer”.
Se ben a asociación formalmente non se molla no debate, a directiva está implicadísima na campaña para devolver coches, tráfico e estacionamento “durante el horario comercial” ao Casco Histórico. Outros integrantes da directiva da entidade teñen promovido a campaña de esquelas que enchen parte dos escaparates da zona monumental e recentemente acordaron abrir unha nova división para dar cabida na asociación aos comercios da zona monumental.
O PSOE incluíu unha subvención directa- o que os nacionalistas chaman “a dedo” e que critican que se dean sen criterios obxectivos públicos e en igualdade para todas as entidades- de 3000 euros para Amigos do Casco Histórico nos orzamentos aprobados grazas ao apoio de BN e CxG.
Advertisements