Acebe sorteou os 1500 euros da súa campaña de verán

Antonia Anido é a presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos

Antonia Anido é a presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos

A asociación de comerciantes e empresarios de Betanzos, Acebe, sorteou onte ante notario 1.500 euros en premios da campaña de promoción Este verán deixa voar vos teus soños, que se celebrou entre o 11 e o 28 de xuño.

O notario extraeu os oito boletos premiados de entre as case 175.000 papeletas que os comerciantes entregaron durante o período de duración da campaña. O primeiro premio, de 500 euros, foi para o número 23198, entregado por Todo Deporte. Os segundos, de 200 euros, foron parar aos números 143677, entregado por Gadis, e 2666, repartido por Fina Carabel Joyería. Os terceiros premios, de cen euros, recaeron nos números 66127, 60158, 33006, 62299 e 13284.

Advertisements