Declarado deserto o concurso de lanchas engalandas

premioCatro embarcacións presentadas, tres na modalidade de adorno con flores e elementos naturais e unha na de decoración orixinal ou de motivos da cultura galega ou betanceira, fan inviable a xuízo do xurado fallar o concurso de embarcacións engalanadas da romaría dos Caneiros convocado por Xornal de Betanzos.

Entendemos que a precipitación na organización do mesmo, que conlevou a ausencia dun premio que funcionase como incentivo, ten que ver coa baixa participación acadada. Só nos resta facer emenda dos propios erros para convocar o vindeiro ano o concurso con máis antelación e difusión. E por descontado, agradecer ás persoas que aceptaron facer parte do xurado, á Fundación Manuel María polo orixinal cedido para deseñar o diploma e trofeo do concurso e ás pandillas que participaron do concurso.

Reiteramos a nosa petición de desculpa polos erros na organización do certame.

Advertisements