Danos ao gando en Coirós disparan as alarmas

Unha rubia galega na comarca betanceira

Unha rubia galega na comarca betanceira

Cunde a preocupación entre os gandeiros da comarca polo incremento de ataques ao gando en diversos puntos. O último episodio rexistrado foi a aparición de varias cabras mortas en Coirós, o que fai medrar o malestar dos propietarios das reses, que urxen medidas para minimizar danos.

Lobos- con presenza rexistrada tan só nas estribacións máis altas da comarca, en Monfero e Aranga- ou cans asilvestrados están no punto de mira deste malestar. Reclámase á Xunta que reduza o risco de danos.

Advertisements