Iago Codesido, do IES Francisco Aguiar, Premio Extraordinario de Bacharelato

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

Iago Codesido Centoira, alumno do instituto Francisco Aguiar de Betanzos, foi un dos vinte alumnos de Galicia aos que a Consellería de Educación outorgou este ano o Premio Extraordinario de Bacharelato. Este galardón está dotado con mil euros así como a matrícula universitaria gratuita o primeiro ano de carreira. Con este premio ademais Iago Codesido poderá optar ao certamen do premio extraordinario a nivel estatal.

Advertisements