Música e exposicións para a fin de semana

A banda nun concerto na igrexa franciscana. Foto de www.banderosbetanzos.com

A banda nun concerto na igrexa franciscana. Foto de http://www.banderosbetanzos.com

Esta noite, o Café Lanzós ofrece desde as 22:30 un concerto de F.M.I. JAZZ TRIO, cunha sesión de jazz. O sábado, desde as oito do serán, o escenario musical pasa pola igrexa de Santa María do Azougue, onde terá lugar un concerto da Orquestra Gaos, baixo a dirección de Fernando Briones, que contará coa participación dos solistas Daniel Vlashi (violín) e Millán Abeledo (violonchelo), interpretando obras de J. Brahms.

Hai, ademais, a posibilidade de ver as seguintes exposicións:

  • Mostra bibliográfica sobre a vida e obra de Agustín Fernández Paz
    Do 1 ao 31, na Biblioteca Municipal de Betanzos “A. Castelao” desenvolverase a Mostra bibliográfica sobre a vida e obra de Agustín Fernández Paz, en horario de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h, e os sábados de 10:30 h a 13:00 h.
  • Exposición de obra gráfica da artista Alejandra Lago
    Do 1 ao 31, na Fundación CIEC desenvolverase a exposición de obra gráfica da artista Alejandra Lago (Madrid, 1967) ganadora do X Premio Internacional de Arte Gráfico 2015. Horario de visitas, de martes a sábado de 10:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 20:00 h.
  • Do 13 de outubro ao 10 de novembro, na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo está a mostra “Meigas, sabias e mulleres boas” da ceramista Carme Romero organizada pola Asociación Cultural Eira Vella de luns a venres en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 21:00 h, e os sábados, domingos e festivos de 12:00 h a 14:00 h.

O sábado hai ademais unha visita guiada polo roteiro de “oficios e tradicións”. Hai que anotarse antes na Oficina de Turismo. Sae ás 11 da mañá do entorno da estatua do Campo.

Advertisements