O xulgado non dá a razón ao alcalde de Miño no seu pleito contra unha edila e varios veciños por “ameazas”

Patio interior dos xulgados betanceiros

Patio interior dos xulgados betanceiros

O Xulgado de Instrución número 1 de Betanzos absolveu á concelleira do PSOE Emma González e aos tres veciños de Miño que foron denunciados polo alcalde, Ricardo Sánchez e a número 4 da súa candidatura e esposa, Patricia Mónica Maggiora, por un suposto delicto de ameazas e coaccións. O xuíz rexeitou a denuncia presentada polo rexedor e a súa muller, que pedían unha indemnización de 3000 euros por danos morais e unha multa de 1080 euros por un delito de coaccións e outros tantos por ameazas.

O xulgado conclúe que as descalificacións verquidas nas redes sociais deben enmarcarse no clima de confrontación política derivado da investidura como alcalde de Ricardo Sánchez malia obter tan só 234 votos na candidatura de Compromiso por Galicia que encabezaba- formación da que logo foi apartado pasándose a Miño Plataforma Aberta, creada precisamente para darlle soporte. O xuíz insire nese contexto os comentarios de Emma González, que cualificou ao rexedor e excompañeiro de partido de “trepa”, “lercho” e “vendido”. “É máis que evidente que os devanditos asertos enmárcanse no seo da confrontación política sen que poidan entenderse como descalificadoras do alcalde a título persoal”, zanxa a sentenza.

Advertisements