Cae parte dunha cornixa na rúa Seijo Rubio

A cornixa desprendida era do edificio que aparece ao fondo da imaxe

A cornixa desprendida era do edificio que aparece ao fondo da imaxe

O pasado venres, sobre as 11 da mañá, parte da cornixa dun edificio situado na plazoleta situada nos primeiros números da rúa Pintor José Seijo Rubio veuse abaixo. O revestimento da parte exterior das terrazas dos áticos do edificio, situados por encima dun cuarto piso, veuse abaixo con grande estrondo ao rebentar en anacos contra o pavimento, coa sorte de que non había ninguén nas inmediacións.

O incidente puido resultar tráxico xa que no baixo do edificio está situada a oficina de recadación da Deputación, que xenera gran movemento de persoas nese entorno, e noutro dos baixos hai unha concorrida cafetería. En horario de tarde a praza está chea de cativos, polo que o incidente puido ter consecuencias tráxicas.

Un sonido como de explosión alertou aos residentes, que ao saír en resposta ao ruído atoparon as planchas de mármore rotas en anacos no centro da praza. Alertáronse aos servizos de emerxencias e delimitouse un perímetro de seguridade mentres a comunidade tomaba as primeiras medidas para evitar que o resto da cornixa se precipitase ao baleiro.

Advertisements