O Betanzos vence en Paiosaco e escala dous postos na táboa

Betanzos_CFA priori era complicado o encontro que tiña que desputar esta pasada fin de semana o Betanzos ao desprazarse á Laracha para medirse á Unión Deportiva Paiosaco. Os bergantiñáns marchaban entre os primeiros postos da táboa e os betanceiros ocupan a zona morna pola parte baixa da clasificación, o que presaxiaba un dominio local que favorecese a victoria. E realmente dominaron o encontro os verdiblancos, que crearon máis ocasións e máis posesión da pelota.

Pero o fútbol é así e nunha contra o Betanzos marcou o primeiro para os visitantes a catro de cumprirse o tempo regulamentario, nun contragolpe que Andrés Otero transformou. Miguel, cando pasaban catro minutos sobre os 90 de xogo, fixo o segundo. Se o centrocampista desequilibrou o encontro co primeiro tanto, o meta rojillo, Anxo, resultou providencial ao cortar a xogada do empate dos locais no 93 de xogo, salvándoa co pé ante Christian Iriso.

Con estes tres puntos sumados o Betanzos colócase no posto nº 14, e acomódase na zona templada da táboa, para pelexar sen tanta presión pola permanencia.

Advertisements