Tres pistas polideportivas e a de ciclismo serán melloradas cun plan provincial

Vista do paseo do Malecón e o Xuncaliño desde a Volta do Codo

Vista do paseo do Malecón e o Xuncaliño desde a Volta do Codo. Esta pista deportiva non será mellorada

O goberno local anunciou que nos próximos días comezarán as obras de mellora de diversas instalacións deportivas a través dun proxecto financiado dentro dun plan provincial no que se investirán preto de 60 000 euros. O programa de obras recolle melloras nas pistas polideportivas da Angustia, A Condesa, Bellavista e a pista de ciclismo situada arredor do campo de fútbol no Carregal.

 

Nas dúas primeiras pistas deportivas alisarase o firme, repintaranse as liñas para as distintas disciplinas deportivas que poden acoller e mais repoñeranse elementos como canastras ou portarías. Na de Bellavista, ubicada na praza Francisco Iglesias, a pista de pádel existente mudará o seu pavimento por céspede sintético, ademais de repoñerse redes e peche perimetral.No velódromo será substituído o pavimento e renovaranse as marcas viais.

Advertisements