A Coral presenta os actos do XLVIII Festival Santa Cecilia

A coral actuando na aula de cultura

Entre o 12 ao 27 deste mes a Coral Polifónica organiza e celebra o XLVIII Festival Santa Cecilia. Os actos repartiranse entre o Edificio Arquivo, o Cine Alfonsetti e a sede social da entidade, ubicada na rúa dos Ánxeles. Son en total unha ducia de propostas entre as que figuran un concurso, concertos, representacións teatrais, espectáculos de danza, encontros populares e unha exposición. O programa sae adiante grazas ao patrocinio de diversas empresas, o Concello e a Deputación.

A programación arranca cun magosto na sede social da entidade e co espectáculo “Tango en Galicia I” que se representará ás sete da tarde do día 13 na Aula de Cultura do Edificio Arquivo. “O esperpéntico caso do obreiro do futuro” a cargo de Lautana de Teatro a beneficio de Cáritas terá lugar o 19 desde as oito e media no mesmo escenario e polo medio presentaranse libros e discos, entre outros actos.

Advertisements