Fomento contrata o proxecto para transformar o cruce de Guísamo nunha rotonda

guisamo

Vista parcial de Guísamo e a travesía da N-VI

O Ministerio de Fomento adxudicou á empresa Enurcoin a redacción do proxecto para transformar o actual cruzamento de Guísamo nunha glorieta. A empresa realizará o traballo por 4.130 euros. O pasado mes de decembro, o Ministerio de Fomento e a alcaldesa do Concello de Bergondo, Alejandra Pérez, acordaron intervir na confluencia da Nacional VI coa AC-164, xa que é un dos puntos negros dos que adoece o municipio. Na reunión de Pérez cos representantes de Demarcación de Estradas do Estado, saíu tamén a mellora da seguridade vial da N-VI ao seu paso por Cortiñán.

A implantación dunha glorieta na estrada ao seu paso por Guísamo é unha vella petición dos usuarios da estrada, xa que se converteu nun foco de accidentes, pola complexidade do seu trazado. A N- VI, malia ser unha vía de alto tránsito, conta con tramos urbanos, nos que o Concello de Bergondo pediu tamén a Fomento que actúe para mellorar a mobilidade e a seguridade dos veciños que viven nos seus alrededores.

Advertisements