O executivo homenaxea a unha relixiosa do Sagrado Corazón diante do seu traslado a Valladolid

A estrada ao Mesón do Bento pasa baixo o centro Pai Menni

O centro Pai Menni, antigo colexio Sagrado Corazón

O alcalde de Betanzos e as concelleiras de Servizos Sociais e Participación Cidadá acompañaron á monxa hospitalaria sor Judith López na súa despedida do centro Pai Menni, que a comunidade de relixiosas hospitalarias rexenta no Camiño da Estación. Sor Judith chegou hai trinta anos ao Colexio do Sagrado Corazón de Xesús, fundado polos irmáns García Naveira, para traballar como educadora e enfermeira.

Os integrantes do goberno local do PSOE agradeceron á relixiosa pedagoga a súa dedicación e traballo en favor das usuarias do complexo asistencial. Agora desenvolverá estas tarefas noutro centro que a congregación posúe en Valladolid. A relixiosa tamén recibiu este ano outro recoñecemento, o premio Úrsula Meléndez de Texeda, que outorga o executivo local con motivo da festividade do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Advertisements