Roxín Roxal trae ao Liceo un grupo de zanfoñas

As proxeccións serán no Alfonsetti, que continúa sen equipamento audiovisual

Concerto e teatro terán lugar no Cine Alfonsetti

A Asociación Cultural Roxín Roxal de Paderne organiza un ciclo de actividades este outono, en Betanzos. Baixo o rótulo “Diálogos de Paderne” varias dependencias municipais de Betanzos acollerán música e teatro. Así, este venres desde as oito do serán a Aula de Cultura do Edificio Arquivo acollerá un concerto do Grupo de Zanfoñas da Tradescola. O mítico instrumento dos cegos galegos resoará no vello Arquivo do Reino repasando composicións tradicionais e actualizando outras.

Collerá o relevo o día 16 o Cine Alfonsetti, para acoller o concerto do grupo cultural lucense Bolboreta Fiandeira, desde as oito da tarde. O ciclo pecharase nesa mesma sala, onde se representará a obra teatral “Un Espírito Burlón”, da autoría de Noel Coward, representada polo grupo de teatro eumés DCTQ. Será ás oito do serán do 26. Todos os actos son gratuítos.

Advertisements